Xa está dispoñible o calendario de matrícula da vindeira edición do Máster en Servizos Culturais. A convocatoria xeral ábrese no mes de xullo. Para realizar a solicitude debes introducir os datos do teu expediente correspondente á titulación que che dá acceso ao máster, a través da Secretaría Virtual, nas datas que determine a convocatoria xeral de matrícula.Ler máis »
“Hai moitos creadores e investigadores, pero falta darlle valor a isto. Precísanse catalizadores culturais.”
Cremos que o mellor xeito de explicar que facemos no Máster en Servizos Culturais e que podedes esperar do programa é contarvos exemplos e experiencias reais de alumnos de anteriores edicións. Hoxe traémosvos a experiencia de Adrián Pérez Lago, que nos conta como o Máster en Servizos Culturais lle serviu para complementar a súa formación en Humanidades.
Mónica Martínez (Fundación Araguaney): “O mellor currículo é aquel formado por actividades e proxectos que tes organizado”

O Máster en Servizos Culturais permite, entre outras cousas, realizar prácticas en entidades públicas e privadas. Hoxe falamos con Mónica Martínez, fundadora da Fundación Araguaney, sobre o traballo que están a desenvolver na fundación, sobre como sería o traballo dun alumno en prácticas ou sobre xestión cultural.
“O CulturaLab converte o alumnado do máster en protagonista”

Hoxe falamos con Fran Quiroga, coordinador do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais. Con el falamos do CulturaLab, de aprender facendo, de xestión cultural e doutros proxectos nos que está a traballar e que vos poden servir de exemplo. Atentos.Ler máis »
Matricúlate no Máster en Servizos Culturais 2016-2017
Como todos os anos, compartimos con vós o calendario de matrícula para o vindeiro curso. A convocatoria xeral ábrese no mes de xullo. Debes facer a solicitude nas datas que determine a convocatoria xeral de matrícula, na Secretaría Virtual, introducindo os datos do teu expediente correspondiente á titulación que che dá acceso.Ler máis »
Nova edición do Máster en Servizos Culturais
Tras o éxito desta pasada edición, o vindeiro curso impartirase de novo o Máster en Servizos Culturais, no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
A modalidade semipresencial deste mestrado fai que sexa ideal para compatibilizar con outras actividades profesionais ou acádemicas por un prezo que rondará os 1.300€.
O obxectivo do Máster é formar especialistas de alto nivel no deseño, xestión e análise de actividades e proxectos culturais, tanto en institucións públicas (concellos, deputacións, universidades, etc.) como privadas (fundacións, empresas, culturais, etc.).Ler máis »
“Un proxecto que pretende aplicar as novas tecnoloxías e o marketing a empresas culturais e turísitcas”
O noso obxectivo no blog e nas redes sociais é explicarvos o mellor posible que facemos no Máster en Servizos Culturais. Pero existe a posibilidade de que vos atopedes cunha realidade diferente, nin mellor nin peor, á que imaxinades. Por iso convidamos a Cristina Collazo, antiga alumna, para que nos conte a súa experiencia e nos fale dos proxectos nos que está a traballar. Atentos ao exemplo.
“O potencial cultural de Galicia é moi forte”
Seguimos a falar con entidades nas que podedes facer prácticas se cursades o Máster en Servizos Culturais. Desta volta entrevistamos a Ángela Comesaña, do departamento de Difusións e Publicacións do Museo de Pontevedra. Cal sería o voso traballo no museo? A xestión cultural en Galicia, ten futuro?Ler máis »
“É impensábel que a xestión cultural non teña futuro no noso país”
Se o outro día falabamos con Xaime López, de Urdime, hoxe facémolo con Comba Campoy. Coñecedes o Proxecto Barriga Verde? Os alumnos que cursedes o máster teredes a oportunidade de participar.Ler máis »
“A cultura en Galicia precisa de novas ideas e xeitos de facer as cousas”
Dende hoxe queremos achegarvos á realidade da xestión cultural en Galicia e a algunhas das empresas nas que poderías traballar se cursas o Máster en Servizos Culturais. Un bo exemplo é o de Urdime, especializados na xestión cultural de proxectos relacionados coa infancia e a xuventude. Falamos con Xaime López, un dos seus responsables.Ler máis »