“La gestión cultural con fines sociales puede ser transformadora y necesaria para construir una ciudadanía solidaria y crítica”

Hoy traemos una entrevista más que interesante con el ex alumno Mikel Edeso. Entre otras cosas, es responsable de comunicación institucional de la Sociedad de Ciencias Aranzadi. Pero también trabaja en proyectos europeos. ¿Qué le aportó el Máster en Servicios Culturales? Atentos a las respuestas. Ler máis »

Xosé Aldea: “O noso traballo ten que ter moito de paixón”

Xose Aldea por MIguel Souto
Xosé Aldea (Foto: Miguel Souto)

Hoxe falamos con Xosé Manuel Aldea, director da Culturgal Feira das Industrias Culturais e da editorial Ouvirmos. Falamos con el sobre a próxima edición da Culturgal, sobre formación, ou sobre os retos aos que se enfronta o sector. Non perdades as súas respostas. Ler máis »

Matricúlate no Máster en Servizos Culturais 2017-2018

Versión en español

Xa está dispoñible o calendario de matrícula da vindeira edición do Máster en Servizos Culturais. A convocatoria xeral ábrese no mes de xullo. Para realizar a solicitude debes introducir os datos do teu expediente correspondente á titulación que che dá acceso ao máster, a través da Secretaría Virtual, nas datas que determine a convocatoria xeral de matrícula.Ler máis »

“Hai moitos creadores e investigadores, pero falta darlle valor a isto. Precísanse catalizadores culturais.”

Cremos que o mellor xeito de explicar que facemos no Máster en Servizos Culturais e que podedes esperar do programa é contarvos exemplos e experiencias reais de alumnos de anteriores edicións. Hoxe traémosvos a experiencia de Adrián Pérez Lago, que nos conta como o Máster en Servizos Culturais lle serviu para complementar a súa formación en Humanidades.

Ler máis »

Mónica Martínez (Fundación Araguaney): “O mellor currículo é aquel formado por actividades e proxectos que tes organizado”

amalenruta
Presentación “Amal en Ruta”

O Máster en Servizos Culturais permite, entre outras cousas, realizar prácticas en entidades públicas e privadas. Hoxe falamos con Mónica Martínez, fundadora da Fundación Araguaney, sobre o traballo que están a desenvolver na fundación, sobre como sería o traballo dun alumno en prácticas ou sobre xestión cultural.

Ler máis »

Nova edición do Máster en Servizos Culturais

artes_servizos-culturais-1

Tras o éxito desta pasada edición, o vindeiro curso impartirase de novo o Máster en Servizos Culturais, no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

A modalidade semipresencial deste mestrado fai que sexa ideal para compatibilizar con outras actividades profesionais ou acádemicas por un prezo que rondará os 1.300€.

O obxectivo do Máster é formar especialistas de alto nivel no deseño, xestión e análise de actividades e proxectos culturais, tanto en institucións públicas (concellos, deputacións, universidades, etc.) como privadas (fundacións, empresas, culturais, etc.).Ler máis »

“Un proxecto que pretende aplicar as novas tecnoloxías e o marketing a empresas culturais e turísitcas”

CristinaCollazo_DosTiposGuapos

O noso obxectivo no blog e nas redes sociais é explicarvos o mellor posible que facemos no Máster en Servizos Culturais. Pero existe a posibilidade de que vos atopedes cunha realidade diferente, nin mellor nin peor, á que imaxinades. Por iso convidamos a Cristina Collazo, antiga alumna, para que nos conte a súa experiencia e nos fale dos proxectos nos que está a traballar. Atentos ao exemplo.

Ler máis »