Obxectivo do máster e saídas profesionais
Cal é o obxectivo do Máster en Servizos Culturais?
O obxectivo do máster é formar especialistas de alto nivel na análise da cultura nun sentido amplo e aplicado, así como na xestión, deseño e programación de actividades e proxectos culturais de índole diversa(exposicións, espectáculos audiovisuais, museos, galerías, dinamización do patrimonio material e inmaterial, posta en valor de bens culturais, etc.). Os nosos titulados/as poden ser: xestores culturais en institucións públicas (concellos, deputacións, administración autonómica e universitaria, etc.) e privadas (fundacións, empresas culturais, etc.).
Cales son as saídas profesionais do Máster en Servizos Culturais?
O máster oriéntase á formación de especialistas de alto nivel que sexan capaces de exerceren unha actividade organizada e innovadora en calquera ámbito dos pertencentes á cultura aplicada. Os titulados/as estarán preparados para traballaren por conta propia ou integrando e dirixindo estruturas alleas en calquera aspecto dos relacionados coa transmisión e valorización do universo cultural con vistas a poñelo a disposición para a sociedade. Dada a evidente polisemia do termo cultura, os ámbitos de traballo dos e as especialistas na súa interpretación aplicada son tamén amplos e diversos entre si, mais todos teñen en común a vocación de servizo, de posta a disposición activa dos contornos que se desenvolven para sectores concretos da cidadanía (infancia, terceira idade, profesionais, etc.) ou para esta entendida na súa globalidade.
En que perfís e ámbitos profesionais concretos poderán aplicar os seus coñecementos os titulados do máster?
Entre os perfís e ámbitos profesionais máis coñecidos destacan os seguintes:
- Conservación, promoción e ordenación do patrimonio cultural.
- Xestión e programación cultural en institucións e administracións públicas.
- Dinamización cultural (promoción da cultura en distintas institucións e organización de proxectos e eventos culturais).
- Deseño e coordinación de exposicións en museos e galerías de arte.
- Asesoramento e xestión de empresas ou entidades públicas de carácter cultural.
- Promoción e xestión dos recursos culturais orientada ao turismo.
- Cooperación cultural internacional e ONGs.
Tendo en conta o panorama da cultura nos países occidentais e a súa dimensión extremadamente creativa e aberta ás novas realidades, o Máster en Servizos Culturais é tamén unha formación idónea para aquelas persoas que, dotadas dunha inicial formación humanística en calquera dos seus ámbitos, desexen intervir no seu contorno como actores culturais activos a través da creación e dirección de empresas culturais de todo tipo.
Asistencia non obrigatoria
Que é a docencia semipresencial?
O Máster Universitario en Servizos Culturais impartirase no curso académico 2015-2016 na modalidade semipresencial. As ensinanzas semipresenciais (tamén chamadas mixtas ou b-learning), recoñecidas expresamente nos novos modelos educativos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior, implican, por definición, a converxencia da docencia presencial e da ensinanza online.
O modelo semipresencial reduce o número de sesións en aula, proporcionando máis oportunidades para o desenvolvemento de destrezas e habilidades e fomentando a aprendizaxe activa por parte do alumno/a. A partir desta filosofía, este máster inclúe tanto actividades presenciais (que se poden seguir tamén a distancia) como actividades online, pedagoxicamente estruturadas para facilitar a asimilación dos contidos e o desenvolvemento das habilidades. A asistencia ás clases, se ben é aconsellable, non é obrigatoria. As clases poden ser gravadas para que o alumno/a poida velas cando mellor lle conveña e cantas veces o precise.
Cal é o horario das sesións de aulas?
No calendario lectivo están programadas varias sesións presenciais de cada materia asignada ao semestre. Serán os xoves entre as 16:00 e as 21:00 horas e os venres entre as 10:00 e as 14:00 horas.
Que plataforma se utilizará para facer chegar ao alumnado os materiais e as actividades?
A Universidade de Santiago emprega Moodle como plataforma de xestión da aprendizaxe. Nela, os profesores/as realizarán un seguimento continuado das actividades interactuando cos alumnos/as a través das distintas ferramentas de comunicación que inclúe (chat, foros, correo electrónico, ect.) e contestando a todas as dúbidas que eles/as expoñan, nun prazo razoable de tempo e sempre de acordo co calendario lectivo.
Como se organizará a avaliación do proceso de aprendizaxe?
A avaliación do proceso de aprendizaxe levarase a cabo a través das diversas actividades que cada alumno/a debe realizar e mediante as probas que se consideren convenientes. O exame final, obrigarorio, realizarase de forma presencial.
Quen pode resolver dúbidas acerca do máster e do seu modelo de docencia?
Podes comunicar coa coordinadora do máster (Carme Silva Domínguez: mdocarme.silva@usc.es) ou coa xestora administrativa do título (Margarita Díaz: mariamargarita.diaz@usc.es).
Estrutura do título e especialidades. Orientacións profesional e investigadora
Como se organiza a carga académica do Máster en Servizos Culturais?
O Máster en Servizos Culturais organízase de forma modular. No primeiro módulo están contidas as materias obrigatorias, que se imparten no primeiro semestre e son as seguintes:
O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual | 3 créditos |
Desenvolvemento local e patrimonio cultural | 6 créditos |
Políticas culturais e interculturalidade | 6 créditos |
Linguas para a comunicación: inglés/francés/portugués (escollerase unha das tres) | 3 créditos |
Lingua para a escritura académica e praxe dos discursos orais | 6 créditos |
No segundo módulo están situadas as materias que conducen á obtención da especialidade 1 do Máster en Servizos Culturais, denominada Xestión dos bens culturais. Se desexa conseguir esta especialidade, o alumno/a deberá cursar cando menos 12 créditos (dúas materias) do módulo 2, que consta das seguintes materias:
Patrimonio arqueolóxico e etnográfico | 6 créditos |
Cultura escrita e oralidade: investigación, recuperación, xestión | 6 créditos |
Patrimonio documental e paisaxe histórica | 6 créditos |
Metodoloxía e recursos para a investigación humanística | 6 créditos |
No terceiro módulo están incluídas aquelas materias que conduce á obtención da especialidade 2 do Máster en Servizos Culturais, denominada Xestión do patrimonio lingüístico e literario. Aquelas persoas interesadas en conseguir esta especialización deberán cursar cando menos 12 créditos (dúas asignaturas de 6 créditos ou ben unha de 6 e dúas de 3 créditos) do módulo 3, que está formado polas seguintes materias:
Xestión da diversidade lingüística e comunicación intercultural no mundo actual | 6 créditos |
Metodoloxía e recursos para a investigación filolóxica | 6 créditos |
Literatura e patrimonio: poder, memoria e lugar | 6 créditos |
O texto galego: da escritura á difusión | 3 créditos |
Cultura e artes na era global | 3 créditos |
Ademais, o Máster en Servizos Culturais conta cun módulo de materias optativas que non conducen a unha especialización pero que completan a formación que ofrecen os módulos 2 e 3. O alumno/a pode cursalas como complemento á especialidade que desenvolva, ou ben se non desexa obter especialización de ningún tipo. Dado que todas elas en conxunto desenvolven aspectos complementarios relacionados coa xestión cultural, o módulo que as inclúe a todas denomínase Dimensións aplicadas da cultura. Son as seguintes:
Cooperación cultural internacional e procesos migratorios contemporáneos | 6 créditos |
Deseño turístico de eventos e rutas culturais | 3 créditos |
Espectáculos e xestión: música, teatro e cine | 3 créditos |
Políticas de xénero e xestión cultural | 3 créditos |
Procesos migratorios e identidade sociocultural | 3 créditos |
Marketing nas empresas culturais | 3 créditos |
Comunicación e publicidade para a xestión cultural | 3 créditos |
Pódense conseguir as dúas especialidades nun único curso académico?
Dado que o alumno/a debe cursar 24 créditos optativos para terminar o máster, e que con 12 créditos dos módulos 2 ou 3 obtén unha especialidade, é posible cursar ambas as especialidades no mesmo curso académico.
Que dimensión ten o Traballo Fin de Máster do Máster en Servizos Culturais?
O Máster en Servizos Culturais está concibido como un título versátil en canto a que inclúe a posibilidade de que os seus alumnos/as desenvolvan unha traxectoria de perfil profesional ou ben de perfil investigador. É por iso que as persoas que o cursan poden optar pola elaboración dun traballo que se adapte máis ás súas expectativas e formación. O Máster en Servizos Culturais permite o acceso a diversos programas de doutoramento dentro e fóra da USC.
Para as persoas interesadas en desenvolver unha traxectoria profesional no ámbito dos servizos culturais, a liña profesional inclúe as seguintes dúas materias:
- Prácticas en empresa (6 créditos).
- Traballo Fin de Máster (6 créditos).
O Máster en Servizos Culturais conta cunha extensa oferta de institucións e empresas nas que os seus alumnos/as poden realizar as prácticas, que serán supervisadas e titorizadas tanto por responsables académicos como por traballadores da empresa ou institución escollida.
Para as persoas interesadas en orientaren o seu título á consecución dunha formación básica vinculada á investigación nas distintas áreas humanísticas e de ciencias sociais presentes no título, a liña investigadora supón a realización dun Traballo Fin de Máster máis amplo (6 créditos + 6 créditos da materia complementaria ao Traballo Fin de Máster, o que fai un total de 12 créditos).
A modo de recomendación indícase que aqueles alumnos/as que queiran desenvolver a liña investigadora do título poden cursar tamén unha das dúas seguintes materias, ou ben ambas, para perfilar en maior medida a súa orientación de cara á iniciación á investigación:
Metodoloxía e recursos para a investigación humanística | Módulo 2, 6 créditos |
Metodoloxía e recursos para a investigación filolóxica | Módulo 3, 6 créditos |
Como se organizan as materias do plan de estudos por semestres?
O cadro adxunto explica a estrutura do máster no referido á súa organización por semestres:
Primeiro semestre | ||
Asignaturas Obligatorias | Módulo | Créditos |
El imaginario colectivo del mundo global: retos de la sociedad actual | Módulo 1: Obrigatorio | 3 |
Desarrollo local y patrimonio cultural | Módulo 1: Obrigatorio | 6 |
Políticas culturales e interculturalidad | Módulo 1: Obrigatorio | 6 |
Lenguas para la comunicación: inglés/francés/portugués (el alumno escogerá una de las tres) | Módulo 1: Obrigatorio | 3 |
Lengua para la escritura académica y praxis de los discursos orales | Módulo 1: Obrigatorio | 6 |
TOTAL CRÉDITOS OBLIGATORIOS 1er SEMESTRE | 24 | |
Asignaturas/Créditos optativos ofertados no primeiro semestre | ||
Patrimonio arqueolóxico e etnográfico | Módulo 2: especialidade 1 | 6 |
Xestión da diversidade lingüística e comunicación intercultural no mundo actual | Módulo 3: especialidade 2 | 6 |
Cooperación cultural internacional e procesos migratorios contemporáneos | Módulo 4 | 6 |
Segundo semestre | ||
Asignaturas/Créditos optativos ofertados no segundo | ||
Patrimonio documental e paisaxe histórica: investigación, xestión e posta en valor | Módulo 2: especialidade 1 | 6 |
Cultura escrita e oralidade: investigación, recuperación, xestión | Módulo 2: especialidade 1 | 6 |
Metodología e recursos para a a investigación humanística | Módulo 2: especialidade 1 | 6 |
O texto galego: da escritura á difusión | Módulo 3: especialidade 2 | 3 |
Literatura e patrimonio: poder, memoria e lugar | Módulo 3: especialidade 2 | 6 |
Cultura e artes na era global | Módulo 3: especialidade 2 | 3 |
Metodología e recursos para a investigación filolóxica | Módulo 3: especialidade 2 | 6 |
Diseño turístico de eventos e rutas culturais | Módulo 4 | 3 |
Espectáculos e xestión: música, teatro e cine | Módulo 4 | 3 |
Políticas de xénero e xestión cultural | Módulo 4 | 3 |
Marketing nas empresas culturais | Módulo 4 | 3 |
Comunicación e publicidade para a xestión cultural | Módulo 4 | 3 |
Prácticas Externas | Módulo 5 | 6 |
Asignatura complementaria do Traballo Fin de Máster (Orientación investigadora) | Módulo 5 | 6 |
Asignaturas do 2º semestre de carácter obrigatorio | ||
Traballo Fin de Máster | Módulo 5 | 6 |