Por que cursar o Máster en Servizos Culturais?

O obxectivo do Máster en Servizos Culturais é formar especialistas de alto nivel no deseño, xestión e análise de actividades e proxectos culturais, tanto en institucións públicas (concellos, deputacións, universidades, etc.) como privadas (fundacións, empresas, culturais, etc.). 

Algunhas das saídas profesionais deste Máster son a conservación, promoción e ordenación do patrimonio cultural, a xestión e programación cultural en institucións públicas, a dinamización cultural, o deseño e coordinación de exposicións en museos e galerías de arte, a cooperación cultural internacional e ONGs…

Ademais, a modalidade semipresencial deste mestrado fai que sexa ideal para compatibilizar con outras actividades profesionais ou acádemicas por un prezo que rondará os 1.300€.

Despois do máster

O máster conta cun programa de prácticas en empresas e institucións que dá acceso ao coñecemento da actividade laboral real que no ámbito da cultura realizan distintas institucións tanto públicas como privadas. A importancia da aplicación dos coñecementos adquiridos nun entorno real destacábaaa na entrevista que lle realizaramos Mónica Martínez, fundadora da Fundación Araguaney (unha das entidades que colabora connosco para a realización das prácticas), “o mellor currículo é aquel formado por actividades e proxectos que tes organizado”. Outra das entidades colaboradoras é o Museo do Pobo Galego, unha lugar ideal para coñecer de primera man todo o relacionado coa difusión cultural, a montaxe e deseño de exposicións, organización de actividades culturais…

Experiencias persoais

Dada a evidente polisemia do termo cultura, os ámbitos de traballo son tamén amplos e diversos entre si, mais todos teñen en común a vocación de servizo, de posta a disposición activa da cultura con vistas á súa transmisión a sectores concretos da cidadanía ou a esta entendida na súa globalidade. Por isto, o mellor xeito de coñecer o que vos pode achegar este máster é escoitar as testemuñas de antigos alumnos. Cristina Collazo contábanos que o máster que aportara “coñecementos sobre identidade e diversidade cultural ou situación política e cultural a nivel internacional”, mentras que Adrián Pérez Lago se decatou da gran necesidade de catalizadores culturais para dárlle valor á creación e investigación en tódolos eidos da cultura. Proximamente publicaremos novas entrevistas para coñecer a experiencia de antigos alumnos deste máster.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s