Como todos os anos, compartimos con vós o calendario de matrícula para o vindeiro curso. A convocatoria xeral ábrese no mes de xullo. Debes facer a solicitude nas datas que determine a convocatoria xeral de matrícula, na Secretaría Virtual, introducindo os datos do teu expediente correspondiente á titulación que che dá acceso.Ler máis »
Mes: Xuño 2016
Nova edición do Máster en Servizos Culturais
Tras o éxito desta pasada edición, o vindeiro curso impartirase de novo o Máster en Servizos Culturais, no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
A modalidade semipresencial deste mestrado fai que sexa ideal para compatibilizar con outras actividades profesionais ou acádemicas por un prezo que rondará os 1.300€.
O obxectivo do Máster é formar especialistas de alto nivel no deseño, xestión e análise de actividades e proxectos culturais, tanto en institucións públicas (concellos, deputacións, universidades, etc.) como privadas (fundacións, empresas, culturais, etc.).Ler máis »